Thursday 02 de May de 2024

Pleno infantil no salón de sesións cos alumnos de 3º e 4º de Primaria do CEIP Emilio González López de Brexo Lema


Tivo lugar un pleno infantil no salón de sesións cos alumnos de 3º e 4º de Primaria do CEIP Emilio González López de Brexo Lema.
O alcalde, Óscar García Patiño, explicoulles o funcionamento da administración local e do pleno municipal e os escolares lle fixeron preguntas sobre temas do municipio. Os alumnos trouxeron preparadas preguntas sobre deficiencias e posibles melloras dos parques infantís, pistas polideportivas, vías e beirarrúas.